tecnocesures

07 fevereiro 2020

Causa e efecto

Unha das causas:



Algúns posibles efectos, en Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/02/06/mapa-mortalidad-galicia-cambia-riesgo-muerte-concello/00031581003391931960709.htm

e en España:

https://elpais.com/elpais/2020/02/05/ciencia/1580906716_232241.html

Etiquetas: , , , , ,

25 janeiro 2016

AS FONTES DE ENERXÍA DO PRESENTE

http://thewe.cc/thewe_/images_6/----/health/Pelamis_wave-farm-at_EMEC.jpg
Moitas veces fálannos das fontes de enerxía do futuro, que se a fusión nuclear, a pila de hidróxeno, etc., etc., e na opinión de moitos este é un discurso intencionado para agachar a realidade: ESPAÑA, XA HOXE, PODERÍA ABASTECERSE DE ELECTRICIDADE NUN 90% USANDO SÓ A ENERXÍA DO SOL, DO VENTO E DAS CORRENTES MARIÑAS.
E poño un 90% por ser prudente. Para compensar a intermitencia unha solución sería utilizar centrais hidroléctricas de bombeo, ademais de descentralizar a produción e ter almacenaxe doméstica en baterías, por exemplo, ou apostar por outros tipos de conversión electroquímica ou electromecánica.
En canto ao custo da solar, xa moitas veces falei da mentira que se conta sobre o seu suposto alto prezo en comparación coas enerxías non renovables (fósiles e do uranio), pero estes días o xornal El País volveu co tema.
Espero que a estas alturas ninguén teña xa claro que os que contan o contrario é por intereses políticos, que en último termo son intereses económicos persoais. E son os mesmos que negaban o quecemento global malia todas as evidencias científicas... que causalidade!
Ademais do evidente, apostar polas renovables xeraría moitísimos postos de traballo no noso país, ademais de afectar moi positivamente a Balanza de Pagamentos e reducir a dependencia da nosa economía con respecto ao exterior. Un exterior, para máis, convulso.

Etiquetas: , ,

19 janeiro 2016

RENOVABLES, A ÚNICA OPCIÓN

Falabamos hai tempo que os argumentos que utilizaban os detractores das renovables é que son caras e intermitentes. Hoxe hai recursos tecnolóxicos máis que de sobra para vencer a intermitencia, e xa daquela vos dicía que se se considerase o prezo real das non renovables (sobre todo os custos derivados do seu impacto medioambiental) tampouco sería certo. Así que, tras esta noticia de La Voz de hoxe (que nos conta que xa é máis barata a enerxía de orixe solar cá do carbón), está claro que o único argumento dos detractores das renovables é garantir que os colegas dos ministros e presidentes de turno non perdan o seu negocio. Se miramos os dous últimos presidentes do goberno de España, a diferencia é ben clara: Zapatero apostou por impulsar as renovables; Rajoy, por penalizalas.

Etiquetas: , ,

29 maio 2015

EVOLUCIÓN NO RENDEMENTO E NO PREZO DOS PANEIS FOTOVOLTAICOS

O primeiro gráfico (sacado desta web) recolle como evolucionou o rendemento dos paneis experimentais ao longo do tempo. Nel, cada liña corresponde a un tipo de panel fotovoltaico distinto. En calquera caso, vedes que a medida que avanza o tempo o rendemento dos paneis de calquera deses tipos sempre aumenta, a maior ou menor ritmo, pero sempre aumenta.

Para falarvos da evolución do prezo póñovos tres imaxes: a primeira móstranos como baixou o prezo nos últimos 36 anos...
A segunda, en español, fala máis polo miúdo da evolución nos últimos dez anos:
A terceira (sacada desta web británica) reflicte como variou o seu prezo nos últimos anos e a evolución prevista para o futuro próximo.


Se comparades os valores dos distintos gráficos, que non vos pareza que se contradín; o que ocorre é que fan referencia a cousas lixeiramente distintas. Por exemplo, a primeira é para cada Vatio-pico e vai en dólares; a segunda vai en euros e é para un panel de 140 Wp; a terceira está en dólares (a azul) e en libras (a vermella), e fai referencia a investigacións distintas para os prezos por Vatio-pico de paneis listos para funcionar.
En todo caso, a conclusión destes catro gráficos é a de sempre, que se cadra é a única lei válida, sempre, en enxeñería: a medida que se investiga en calquera eido da técnica, o rendemento dos equipos aumenta de xeito continuo e o seu prezo baixa progresivamente.

Etiquetas: , ,

15 maio 2015

É PERIGOSO VIVIR CERCA DUNHA CENTRAL NUCLEAR?

Todos temos claro que si o é, xa que no caso de producirse un accidente iamos levar a peor parte. Pero a xente normalmente non vai tan lonxe e se pregunta se a nosa saúde corre riscos por vivirmos preto dunha central nuclear sen poñernos no caso de que chegue a producirse un accidente.
A cuestión formulada así non está tan clara.
Por iso, póñovos ligazóns a varias webs que falan do asunto, reflectindo as conclusións de diversos estudos.
Din que non ten perigo:
- UN ESPAÑOL, DE 2010
- DOUS BRITÁNICOS, DE 2011 E 2013.
Din que si o ten:
- UN ALEMÁN, DE 2007
- UN FRANCÉS -VÍA MÉXICO- DE 2012.
Será que ten risco nuns países e non noutros (polo rigor dos controis que se fan sobre o seu funcionamento) ou que nalgúns países os estudos foron censurados?
O que acha você?

Etiquetas: , , ,

11 maio 2015

A FIN DA INTERMITENCIA?


Mentres o goberno do Estado leva tempo facendo política de asuntos medioambientais que debían ficar á marxe, dúas noticias relativamente recentes parecen indicar que un dos inconvenientes máis frecuentemente argüidos polos inimigos das renovables (a intermitencia) está preto de ser historia: a avanzada marcha do Proxecto Magallanes e a presentación da batería doméstica de Tesla.

Etiquetas: , , ,

29 abril 2015

SON AS TÉRMICAS REALMENTE BARATAS?

Que o custo da enerxía producida con fontes non renovables non se corresponde co que contan aqueles que as defenden é unha evidencia que só negan os integristas. Hai estudos científicos e noticias arreo que o confirman. Póñovos estas dúas: unha de hai cinco meses, de El País, e outra de onte mesmo, de El Mundo, que nos serven para ver -de paso- que esta non é unha cuestión de opinión ou liña editorial. A ver se adiviñades quen paga eses custos (Pista: Non son as empresas que producen eses prexuízos).
Por certo, no estudo dado a coñecer onte só contabilizan os custos por mortes (?) e por enfermidades. A cantidade de cartos é aínda moito maior se temos en conta os danos debidos á erosión dos recursos naturais, das construcións e das infraestruturas.
Foto

Etiquetas: , ,

12 março 2015

MAQUIAVÉLICO CARBÓN

Os que defenden as fontes non renovables -ou atacan as renovables- argumentando cuestións económicas teñen hoxe nesta noticia do xornal El País datos novos que deberían facerlles reflexionar. Por exemplo, dela tiramos literalmente: "Un estudio de la Universidad de Stuttgart (Alemania) demostró además que las emisiones de este tipo de infraestructuras causaron la muerte prematura de 22.300 ciudadanos europeos en 2010." Cando fala deste "tipo de infraestructuras" refírese ás centrais térmicas de carbón. Argumentos como que dan traballo e son máis baratas son tan pouco válidos como o prezo das máis de 100.000 vidas perdidas só en Europa por culpa de queimar carbón desde 2010. Ou non, mentres non sexa a nosa (vida). Porque - xa o dicía Maquiavelo- "o home esquece antes a morte do pai cá perda do patrimonio".

Etiquetas: , ,

03 março 2015

MIX ELÉCTRICO 2014

Se alguén ten curiosidade por ver como marcha o mix de xeración de electricidade en España, eis os datos de 2014 (é o diagrama de sectores que está debaixo de "2014", que coincide co de "Acumulado año móvil" xa que corresponde ao 31 de decembro).

















Un dato interesante pode ser que a solar xa suma o 5%, o cal non está nada mal tendo en conta que é un recurso infrautilizado no noso país. Canto podería alcanzar se se aproveitase e promovese desde a Administración?

Etiquetas: , ,

14 novembro 2014

CHINA, CONTAMINACIÓN E CAMBIO CLIMÁTICO













Como xa vimos en clase, China converteuse no principal emisor de CO2 á atmosfera. Tamén vos comentara que noutro ano buscáramos datos e encontráramos que morrían daquela 750.000 persoas por ano, en China, pola contaminación. Nestes días saíu a noticia dos mortos no ano 2012, que foron 670.000. De todos modos, nesta mesma noticia indícase que un estudo de The Lancet indicaba que en 2.010 morrían en China aproximadamente 1'2 millóns de persoas pola contaminación.
Seguramente sae esta noticia a partir do cumio Asia-Pacífico que se celebrou esta semana. Aproveitándoa, China e EE.UU. asinaron por fin unha especie de acordo sobre emisións. Póñovos as noticias que El País e El Mundo publicaron en relación a isto.

Por outra parte, hai uns días celebrouse o cumio sobre o clima, un novo. As conclusións tédelas neste documento e, máis extensamente, nestas ligazóns.

Etiquetas: , ,

17 outubro 2014

A "ESTAFA" DAS FOTOVOLTAICAS

Tirando de hemeroteca, eis dúas noticias sobre a chamada "estafa das fotovoltaicas":
- De LA RAZÓN, 28 de outubro de 2012
- De EL PAÍS, 17 de xullo de 2013

Resumindo ao máximo, o problema foi que un goberno prometeu determinadas primas á xeración de electricidade en pequenos hortos solares e que o goberno posterior non só reduciu esas primas senón que decidiu cobrar aos pequenos produtores de enerxía solar fotovoltaica por cada kWh de enerxía eléctrica producida.
Son decisións políticas, que como calquera decisión é opinable e xustificable.

Etiquetas: ,

09 outubro 2014

QUE MATA 20.000 PERSOAS POR ANO EN ESPAÑA?

Esta noticia fala do que xa imaxinades, e constata que o tema segue aí, aínda que prefiramos preocuparnos con outras historias. Eis, tamén, a ligazón co informe de Ecologistas en Acción do que falan na noticia.
Cousas do antes e despois, en 16 días a OMS vai dar noticia contando que no mundo son sete millóns de persoas as que morren cada ano a causa da contaminación, unha de cada oito. Case nada.


Etiquetas: , , ,

27 maio 2014

OS DEZ LUGARES MÁIS RADIACTIVOS

Se queredes alarmar alguén para que se opoña ás centrais nucleares podedes poñerlle este vídeo:

Etiquetas: ,

TRANSPORTE DA ENERXÍA ELÉCTRICA E TRANSFORMADORES

Como "sabedes" a potencia eléctrica é o produto da voltaxe e a intensidade. Unha mesma cantidade de enerxía eléctrica pódese comunicar a unha voltaxe ou, por exemplo, ao dobre desa voltaxe. Neste segundo caso, a intensidade reduciríase á metade. Como as perdas no transporte dunha potencia eléctrica dependen do cuadrado da intensidade, nese segundo caso perderíase a cuarta parte da potencia que se perdería no primeiro caso. Se multiplicásemos por 10 a voltaxe, como a intensidade se dividiría entre 10, as perdas dividiríanse entre 100. Se multiplicásemos a voltaxe por 100, as perdas dividiríanse entre 10.000.
Por ese motivo, á saída das centrais auméntase a voltaxe da enerxía eléctrica que xeran os alternadores para que se produzan menos perdas no transporte e para aforrar en material condutor e en estruturas metálicas, basicamente (como a intensidade é menor fan falla cabos menos grosos e máis lixeiros). Logo preto das poboacións e das industrias redúcese esa voltaxe por motivos de seguridade e para axeitar aos poucos a tensión ao valor de consumo. Isto está representado na seguinte imaxe:
Comenteivos tamén que as centrais están interconectadas cos centros de consumo por redes de alta tensión e de media. Pégovos aquí un mapa das redes de alta tensión de España, na que tamén figuran subestacións transformadoras e algunhas centrais eléctricas















Como debedes saber despois de todo isto, para aumentar e diminuír a tensión cómpre usar os transformadores.
Se vedes un destes nun poste non é un OVNI, é un transformador:
















O seguinte esquema saqueino desta entrada doutro blog sobre a materia de Tecnoloxías (moito máis currado có noso; se vos interesa moito o asunto dos transformadores podedes botarlle unha ollada) e recolle as partes e a función das partes principais do transformador: o circuíto primario que está conectado á voltaxe de partida (V1) -é a que xera o alternador na central, por exemplo- que xera o fluxo magnético no núcleo metálico -frechas vermellas-. Este fluxo magnético induce no secundario outra voltaxe (V2), que ten o valor que queremos obter. Para isto temos que poñer o número axeitado de espiras -voltas de cable- no primario e no secundario: se poñemos máis espiras no secundario (N2) que no primario (N1), o transformador elevará a tensión; se son menos, vai reducila.















Eses valores están relacionados mediante a expresión
V1/N1=V2/N2
xa que a voltaxe que cae en cada espira do primario e do secundario ten o mesmo valor.
Como en calqueroutra máquina nos transformadores tamén hai perdas de enerxía. O rendemento do transformador relaciona a potencia inducida no secundario coa que lle "metemos" polo primario e poderíase calcular aproximadamente como
R=100·(V2·I2)/(V1·I1)

Etiquetas: ,

21 maio 2014

CENTRAL XEOTÉRMICA

Este esquema en italiano aclara bastante ben como funciona unha central xeotérmica:

Se vos gusta máis o idioma de Shakespeare có de Pirandello, eis un vídeo explicativo de como funciona:

Pero igual queredes ver o aspecto que teñen na realidade, así que aquí vos deixo esta foto da central de Nesjavellir, na Islandia. E se queredes algo de información, premede nesta ligazón.
Apetécevos saber máis desta central? No seguinte vídeo damos un paseo por ela...

Etiquetas: ,

20 maio 2014

UNHA CENTRAL DE BIOMASA GALEGA


Agora hai máis (por exemplo na factoría da FINSA en Padrón disque teñen unha), pero a primeira que eu coñecín foi a de Allarluz, en Allariz. Eis unha pequena presentación e logo unha ligazón a un PDF no que nos falan dela.
Neste outro PDF, un tal Anxo Quintana -na data que asina o documento era alcalde de Allariz, logo foi vicepresidente da Xunta- cóntanos a historia de como a puxeron en marcha.
Unha característica moi positiva desta central de Allariz é que funciona con restos da limpa dos montes, o que axuda a que o monte estea máis limpo, de xeito que non se produzan incendios ou que, se se produciren, sexan máis doados de extinguir (ademais de obter enerxía eléctrica que se non habería que producir doutro xeito).

Etiquetas: ,

PROBLEMAS DOS BIOCOMBUSTIBLES

Está claro que o uso e produción de biocombustibles, como todo, ten as súas vantaxes. Pero tamén ten os seus inconvenientes. Se tecleades en Google "monocultivos bicombustibles" o "biocombustibles alimentos" obteredes algúns resultados da procura como os que vos coloco aquí.
Os dous primeiros teñen moito que ver co problema alimentar:
- Un do Instituto Internacional de Investigación sobre Políticas Alimentarias
- Outro de BIOGENIC (Biólogos Genetistas Colombianos)
Os outros dous teñen máis relación co problema medioambiental:
- Un de ECONOTICIAS.COM
- Outro de Miguel A Alteri, da Universidad de California

Etiquetas: , ,

19 maio 2014

COSTE DA ENERXÍA SOLAR

Dúas imaxes para comentar:
* Na primeira hai que mirar a última columna. Resumindo, recolle o custo en $ de cada MWh xerado para cada tipo de central. Estes son valores promedios para centrais que empezasen a xerar en 2016 nos EE.UU., pero máis ou menos dannos unha idea aproximada.
Podedes ver, por exemplo, que o valor máis barato corresponde ás centrais de ciclo combinado e que o MWh de carbón ou nuclear é bastante máis caro có de ciclo combinado. Tamén vemos que o MWh solar fotovoltaico (PV) é aínda o máis caro, sendo o termosolar bastante máis barato có fotovoltaico -pero máis caro polo momento có de ciclo combinado, por exemplo-. En todo caso, a diferencia do solar coas outras é menor que hai anos.














* A segunda imaxe indícanos por que o MWh solar vai sendo cada vez máis barato, en oposición aos baseados en aproveitar recursos non renovables, cuxo custo podería aumentar no futuro. O dato máis salientable é que en 36 anos o custo por W das células fotovoltaicas de silicio cristalino dividiuse entre máis de 100. Ademais, nos últimos 10 anos dividiuse entre 10, aproximadamente.

Se algún está moi interesado en saber canto pode costar unha instalación solar para unha vivenda illada déixovos estas ligazóns a dous catálogos de prezos que encontrei sen moito buscar:
- O de J.H.Roerden
- o de Techno-Sun
Eu non levo comisión de ningún.

Etiquetas: ,

PARA PANEIS E COLECTORES...

A imaxe fala por si mesma...














Nesta segunda, máis detallada (só para a incidencia), decatávedos de que os valores da escala se refiren aos valores para un día

Etiquetas: ,

09 maio 2014

UNS APUNTAMENTOS SOBRE BIOCOMBUSTIBLES

Eis o que nos conta o CNE do Salvador.
British Petroleum (non sei que me dá que falen estes de biocombustibles) tamén fala deles.
Aquí tedes máis información.
E isto vai a máis. No telexornal do 3 de abril, por exemplo, había dúas noticias relacionadas con isto:
                           

                           

Etiquetas: , , ,