ÓHMETRO E AMPERÍMETRO
Póñovos a imaxe para que vexades como o óhmetro non deixa de ser un amperímetro en serie cunha pila, de xeito que canta máis intensidade mida, menor é a resistencia que conectamos nel.
Etiquetas: ELECTRICIDADE
Póñovos a imaxe para que vexades como o óhmetro non deixa de ser un amperímetro en serie cunha pila, de xeito que canta máis intensidade mida, menor é a resistencia que conectamos nel.
Etiquetas: ELECTRICIDADE
É moi variable, pero en todo caso é moi superior ao dos motores térmicos.
Nesta ligazón que encontrei tedes unha explicación e uns valores de referencia, a título de curiosidade.
En todo caso, nesta outra ligazón vemos que hai motores que se achegan ao 99% de rendemento, moi superior ao 95% que dixen, por decir, na clase do martes.
Etiquetas: ELECTRICIDADE, ENERXÍA, MÁQUINAS, SUSTENTABILIDADE
Preguntaron en clase se os coches eléctricos levan motor de c.c. ou c.a.
Etiquetas: ELECTRICIDADE, ENERXÍA, SUSTENTABILIDADE
Unha das causas:
Etiquetas: CENTRAIS ELÉCTRICAS, ELECTRICIDADE, ENERXÍA, NOTICIAS, SUSTENTABILIDADE, VIDEOS
Póñovos tres imaxes (gracias, Sandro) copiadas da Wikipedia, de yuden.co.jp e de inventable.eu:
Etiquetas: ELECTRICIDADE
Etiquetas: ELECTRICIDADE
Os Estándares de Aprendizaxe para este Bloque 2. Instalacións en vivendas son:
Etiquetas: APUNTES, ELECTRICIDADE, SUSTENTABILIDADE
Nos apuntes de 4º os rectificadores que tedes non son completos (a saída non é unha tensión totalmente continua), pero aproxímase. Un rectificador completo é máis complexo; déixovos aquí unha imaxe para que vexades a complexidade:
Etiquetas: ELECTRICIDADE
Déixovos aquí a ligazón a unha factura eléctrica de hai dous anos e pico pero o fundamental non mudou. Nela vedes os dous conceptos fundamentais: - A facturación por potencia - A facturación por consumo (enerxía consumida)
Etiquetas: ELECTRICIDADE
Etiquetas: CENTRAIS ELÉCTRICAS, ELECTRICIDADE, ENERXÍA

Etiquetas: ELECTRICIDADE
Explicando a guerra das correntes (ver entradas antigas) atopei varios clips que falan sobre o enfrontamento Tesla-Edison. Ou debíamos falar de enfrontamento Westinghouse-J.P.Morgan? Estes dous, homes de negocios máis que de ciencia -seguramente Edison tamén o era- tiveron máis claro que é preferible un mal acordo que un bo pleito, e repartiron o pastel.
Etiquetas: ELECTRICIDADE, RECURSOS, VIDEOS
Onte falei en clase sobre Nicola Tesla e sobre o feito de que no mundo hai países nos que a corrente alterna ten unha frecuencia de 50Hz mentres que noutros ten 60Hz. Póñovos aquí as ligazóns para que poidades ver os posts antigos que xa escribira aquí sobre estes asuntos:
Etiquetas: ELECTRICIDADE, RECURSOS
Eis unha nova mostra dun sistema que adapta o seu funcionamento ás condicións ambientais. Enténdese fácil o do BE - BP - BS coa explicación que dan no comezo...
Etiquetas: ELECTRICIDADE, RECURSOS, VIDEOS
Neste vídeo vese bastante ben a interrelación entre os sistemas eléctrico e pneumático no caso de válvulas de pilotaxe eléctrica (e como se representa nos seus esquemas, aínda que para iso hai diferentes normativas):
Etiquetas: ELECTRICIDADE, PNEUMÁTICA, RECURSOS, VIDEOS
É case tan complicado distinguir onde termina a electricidade e empeza a electrónica como saber cando termina o día e empeza a noite e ao revés: “¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Non / ¿Xa é noite? / Si /¿Estás seguro? / Non”.

Etiquetas: ELECTRICIDADE, RECURSOS
Dos compoñentes que vos comentei o outro día hai dous dos que convén ampliar un pouco a información: o timbre e o relé. Nalgunhas probas de acceso a ciclos preguntan polo esquema dun timbre, e non me estrañaría que o fixesen no futuro co relé. Así que aí vos quedan algunhas ligazóns para que lle botedes un vistazo os quen vos interesen:
- Exemplos do funcionamento de relés
- Entradas da Wikipedia sobre os relés e os timbres.
Etiquetas: ELECTRICIDADE, RECURSOS
Fiquei coa dúbida ao saír da clase cos leds que cambian de cor. Foi tan sinxelo como preguntarlle a Google, nin que estivese esperando. Polo visto, dependendo da voltaxe á que estean conectados emiten luz dunha cor diferente. Seguiremos informando.
Etiquetas: ELECTRICIDADE, RECURSOS, VIDEOS