tecnocesures

23 fevereiro 2021

RENDEMENTO DOS MOTORES ELÉCTRICOS


 

É moi variable, pero en todo caso é moi superior ao dos motores térmicos.

Nesta ligazón que encontrei tedes unha explicación e uns valores de referencia, a título de curiosidade.

En todo caso, nesta outra ligazón vemos que hai motores que se achegan ao 99% de rendemento, moi superior ao 95% que dixen, por decir, na clase do martes.

Etiquetas: , , ,

16 novembro 2020

DIFERENTES MONTAXES CON POLEAS

 


Etiquetas:

03 novembro 2020

Vídeo sobre poleas móbiles

 Nesta ligazón: SEGUIR LIGAZÓN

Etiquetas:

27 outubro 2020

EXEMPOS DE XÉNEROS DE PANCAS

 


Etiquetas:

18 maio 2016

POLEAS MÓBILES; UN EXEMPLO...

... neste vídeo (está en portugués).

Etiquetas:

19 maio 2015

MOTOR DE DOUS TEMPOS


























Esta entrada é 'fóra de programa' pero se cadra interesa a algún porque é o tipo de motores que levan os ciclomotores e moitos aparellos de traballo no campo. Aquí ou nestoutra ligazón tedes resumidas as súas vantaxes e inconvenientes. E se o queredes unha explicación, eila:

Etiquetas:

12 maio 2015

LEVAS E VÁLVULAS

Estes dous gifs (tirados  de 8000vueltas e de chw) serven para ver bastante ben como interveñen as levas na apertura e peche das válvulas dun motor de catro tempos.


Etiquetas:

09 maio 2014

PANCA E MOMENTO (OU PAR)

Este vídeo fala un pouco das pancas, dos xéneros...


Se alguén se aburre moito tamén pode botar un vistazo a estes dous vídeos, tamén sobre pancas...




E un exemplo para falar un pouco do momento vai no 2:06; como fixo máis longa a panca, o efecto da súa forza foi maior e puido desenroscar a porca. Lembrade, cando se produce un movemento de xiro o que importa non é a forza, senón o momento que produce esa forza con respecto ao eixo de xiro.

Etiquetas: , ,

04 junho 2013

MOTOR WANKEL

Se houber alguén extraordinariamente interesado polos motores rotativos ou Wankel (ligazón que explica como funcionan) eis un vídeo:

E neste vídeo, que é ben velliño pero interesante, faise unha comparación entre os motores Otto e Wankel.

Etiquetas: , ,

TURBORREACTORES

Para que practiquedes un pouco o voso inglés póñovos un vídeo onde explican como funciona o reactor dun Boing 747...
      Póñovos un mais, por se o entendedes mellor...

Etiquetas: , ,

30 maio 2013

MÁQUINA DE VAPOR

Eis dúas entradas sobre a máquina de vapor:
- unha de nivel principiante
- outra de nivel experto.
Eis un vídeo onde se pode entender o funcionamento da máquina de doble efecto (non é necesario para o noso nivel):

Para terminar, hai vos vai unha imaxe que igual vos axuda a entender o que é un volante de inercia:

Etiquetas: ,

16 maio 2013

BIELA-MANIVELA

Acho que con esta imaxe se entende perfectamente como funciona o mecanismo de biela-manivela:
En todo caso, se queredes unha explicación máis extensa, premede NESTA LIGAZÓN. Veremos a súa utilidade nuns días, cando falemos do motor Otto.


Etiquetas: ,

PARAFUSO-PORCA

Estas dúas imaxes son exemplos da utilización do mecanismo parafuso-porca:
 
Se queredes unha explicación máis extensa de como funciona, premede NESTA LIGAZÓN

Etiquetas: ,

CATRO PALABRAS SOBRE O PIÑÓN-CREMALLERA

Póñovos ESTA LIGAZÓN onde fala un pouco sobre este mecanismo, aínda que creo que está bastante clariño. Ten moitas aplicacións, como o mecanismo de apertura e peche de cancelas ou o sistema de dirección de moitos automóbiles


Etiquetas: , ,

15 maio 2013

MOTOR OTTO EN CATRO CLICK'S

DESTA PRIMEIRA WEB saquei o primeiro gif, no que se ven os catro cilindros dun motor traballando ao tempo, ademais de mostrarnos como o cegoñal move a árbore de levas DESTA SEGUNDA, o que nos permite ver con máis claridade o que ocorre no interior de cada cilindro Se o preferides en 3D... Hai moitísimas páxinas onde explican o funcionamento... a Wikipedia, estoutra, aqueloutra... Pero bueno, os ciclomotores usan un motor un pouco diferente, o de 2 tempos:

Etiquetas: , ,

MARCHANDO UNHA DE LEVAS!!!

NESTE FORO tedes unhas animacións nas que se ve bastante ben algunha utilidade do mecanismo de leva e seguidor Se tedes máis curiosidade por este tipo de mecanismo, eis tres entradas: dunha web educativa e , doutra e a da Wikipedia

Etiquetas: ,

09 maio 2011

POLEAS MÓBILES


Falamos na clase das poleas móbiles e de que estas se podían agrupar para formar polipastos e trócolas. Aí vos foron dúas ligazóns que vos poden axudar a entender mellor o asunto.

Etiquetas: ,

27 outubro 2010

MOTOR OTTO, MONTAXE E FUNCIONAMENTO

Etiquetas: , ,