tecnocesures

07 fevereiro 2020

Causa e efecto

Unha das causas:



Algúns posibles efectos, en Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/02/06/mapa-mortalidad-galicia-cambia-riesgo-muerte-concello/00031581003391931960709.htm

e en España:

https://elpais.com/elpais/2020/02/05/ciencia/1580906716_232241.html

Etiquetas: , , , , ,

24 junho 2019

Foise co fento



Velaí tedes o documental que fixemos dentro do Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade, coordinado por Jacobo Ramil. O documental foi dirixido por Suso Amboaxe e Enrique Villanueva.
Se preferides vela en Vimeo podedes clicar aquí.

Etiquetas: ,

11 novembro 2014

MECANIZACIÓN, AUTOMATIZACIÓN E ROBOTIZACIÓN

     Son cousas parecidas pero non son o mesmo. Se alguén quere ampliar as nocións que xa tedes nos apuntamentos, póñovos aquí unhas ligazóns.
     Sobre mecanización eis a entrada da Wikipedia -que non aclara moito- e outra colombiana -que se refire á mecanización agrícola (aínda que os conceptos son os mesmos cós da industrial)-.
     Sobre automatización, a da Wikipedia -que inclúe fotos de robots, o cal pode levar a engano- e outra máis interesante.
     Sobre robotización, a máis completa das cinco.

     Se cadra con imaxes igual entendedes mellor a diferencia, e máis se é con imaxes en movemento:

     Mecanización é, por exemplo, usar carretillas motorizadas, como neste caso:


     O exemplo básico de automatización é a típica fábrica de refrescos


     De robotización, dous exemplos:




     e outro de postre...

Etiquetas: , , ,

29 outubro 2014

THE STORY OF STUFF (EN ESPAÑOL)

Por casualidade vin o vídeo de 'The story of stuff' dobrado ao brasileiro. É moi interesante e fala, de xeito resumido (e en ocasións é un pouco impreciso, pero está ben para velo), sobre o tema do Esgotamento dos Recursos e do impacto na natureza da actividade tecnolóxica produtiva. Supoño que para vós será máis fácil en español. Voilà:


Etiquetas: ,

09 maio 2014

PANCA E MOMENTO (OU PAR)

Este vídeo fala un pouco das pancas, dos xéneros...


Se alguén se aburre moito tamén pode botar un vistazo a estes dous vídeos, tamén sobre pancas...




E un exemplo para falar un pouco do momento vai no 2:06; como fixo máis longa a panca, o efecto da súa forza foi maior e puido desenroscar a porca. Lembrade, cando se produce un movemento de xiro o que importa non é a forza, senón o momento que produce esa forza con respecto ao eixo de xiro.

Etiquetas: , ,

UNS APUNTAMENTOS SOBRE BIOCOMBUSTIBLES

Eis o que nos conta o CNE do Salvador.
British Petroleum (non sei que me dá que falen estes de biocombustibles) tamén fala deles.
Aquí tedes máis información.
E isto vai a máis. No telexornal do 3 de abril, por exemplo, había dúas noticias relacionadas con isto:
                           

                           

Etiquetas: , , ,

ENERXÍA MAREMOTRIZ, UNDIMOTRIZ E DAS CORRENTES MARIÑAS

Este primeiro vídeo "fala" das centrais maremotrices e undimotrices:


Eis un vídeo promocional dun fabricante de xeradores eléctricos que aproveitan a enerxía das correntes mariñas que. como din, é renovable, predecible e ten un enorme potencial...


E como vedes nesta noticia da CNN de México isto non é ciencia ficción, é algo que xa funciona. Na BBC tamén falan disto, aínda que debemos puntualizar que o que usan é a corrente mariña relacionada coa marea, non a diferenza de nivel -como nas maremotrices-, e non son "molinos" o que se coloca senón xeradores eléctricos.


Etiquetas: , ,

19 março 2014

TESLA E EDISON

Explicando a guerra das correntes (ver entradas antigas) atopei varios clips que falan sobre o enfrontamento Tesla-Edison. Ou debíamos falar de enfrontamento Westinghouse-J.P.Morgan? Estes dous, homes de negocios máis que de ciencia -seguramente Edison tamén o era- tiveron máis claro que é preferible un mal acordo que un bo pleito, e repartiron o pastel.
Eis as ligazóns aos dous vídeos:

O DE DEBUXOS

O DE "HELADO CULTO" (Neste hai algún erro grave na redacción: evidentemente os tendidos eléctricos xa eran de c.a. antes de 2007; NON foron substituídos en 2007 de c.c. a c.a., como din no vídeo)

Etiquetas: , ,

"EL AIRE QUE RESPIRAMOS", de Informe Semanal (TVE)

Eis a ligazón a unha reportaxe de Informe Semanal que fala sobre a relación entre contaminación atmosférica e tránsito de automóbiles térmicos. Fala algo tamén sobre consecuencias na saúde das persoas. Como idea non está mal, aínda que caia en erros habituais como a louvanza aos automóbiles eléctricos (de onde pensan que sacan a electricidade?)

Etiquetas: , ,

11 junho 2013

HISTORIA DOS COMPUTADORES E DA COMPUTACIÓN

Eis o documental do que vos falei:

https://www.youtube.com/watch?v=vzT_Ah89urY

Etiquetas: , ,

07 junho 2013

NOCIÓNS BÁSICAS SOBRE COMPUTADORES

Escoitade que voz tan humana ten este vídeo que nos explica as cuestións máis fundamentais sobre como está constituído e como funciona un computador:


Por se algún de vós ensordece por levar os cascos moi altos, aquí hai un sen voz:


Etiquetas: , ,

04 junho 2013

MOTOR WANKEL

Se houber alguén extraordinariamente interesado polos motores rotativos ou Wankel (ligazón que explica como funcionan) eis un vídeo:

E neste vídeo, que é ben velliño pero interesante, faise unha comparación entre os motores Otto e Wankel.

Etiquetas: , ,

TURBORREACTORES

Para que practiquedes un pouco o voso inglés póñovos un vídeo onde explican como funciona o reactor dun Boing 747...
      Póñovos un mais, por se o entendedes mellor...

Etiquetas: , ,

16 maio 2013

CATRO PALABRAS SOBRE O PIÑÓN-CREMALLERA

Póñovos ESTA LIGAZÓN onde fala un pouco sobre este mecanismo, aínda que creo que está bastante clariño. Ten moitas aplicacións, como o mecanismo de apertura e peche de cancelas ou o sistema de dirección de moitos automóbiles


Etiquetas: , ,

15 maio 2013

MOTOR OTTO EN CATRO CLICK'S

DESTA PRIMEIRA WEB saquei o primeiro gif, no que se ven os catro cilindros dun motor traballando ao tempo, ademais de mostrarnos como o cegoñal move a árbore de levas DESTA SEGUNDA, o que nos permite ver con máis claridade o que ocorre no interior de cada cilindro Se o preferides en 3D... Hai moitísimas páxinas onde explican o funcionamento... a Wikipedia, estoutra, aqueloutra... Pero bueno, os ciclomotores usan un motor un pouco diferente, o de 2 tempos:

Etiquetas: , ,

04 abril 2013

DOCUMENTAIS SOBRE INCONVENIENTES DAS CENTRAIS ELÉCTRICAS

Normalmente póñovos estes documentais na clase e facemos unhas actividades sobre eles.
Este ano, por algún motivo, non nos vai dar tempo. En todo caso, se alguén está interesado en velos, aquí os ten:

CHERNÓBIL EN LA MEMORIA: fala sobre as consecuencias do accidente nuclear que ocorreu na central de Chernóbil. Para velo, preme nesta ligazón.

O avance de "Alarma Nuclear". e dúas opinións sobre as centrais nucleares... CATÁSTROFE EN RIBADELAGO: recorda a traxedia que supuxo no ano 1959 a rotura da presa de Vega de Tera, cerca do Lago de Sanabria


RIBADELAGO: LA MEMORIA SUMERGIDA, máis breve, trata tamén do mesmo accidente. Este hai que VELO DESDE A PÁXINA DE TVE


UNA VERDAD INCÓMODA: Fala sobre o quecemento global na terra, resultado en parte da queima de combustibles fósiles. Aquí póñovos o resumo

Etiquetas: , ,

03 abril 2013

EÓLICA E SOLAR

Eis dous vídeos máis, un sobre Enerxía Eólica e outro sobre Solar, en dúas partes: .




Etiquetas: , ,

08 fevereiro 2012

CIRCUÍTOS "INTELIXENTES"

Eis unha nova mostra dun sistema que adapta o seu funcionamento ás condicións ambientais. Enténdese fácil o do BE - BP - BS coa explicación que dan no comezo...

Etiquetas: , ,

28 outubro 2011

TRES CANCIÓNS RELACIONADAS COA TECNOLOXÍA

GUITARRA Y VÓS (JORGE DREXLER)

SKA DE LA TIERRA (BEBE)

LA NAVE ESTELAR (JUAN PERRO)

Etiquetas: ,

16 junho 2011

FUNCIONAMENTO DOS PANEIS SOLARES

Como sempre, 'fóra de concurso', póñovos unha ligazón na que explican dun xeito bastante sinxelo como funcionan os paneis solares fotovoltaicos. Se alguén quere máis información, eis a entrada da Wikipedia.
Este señor mexicano nos fala tamén do mesmo:

Etiquetas: , ,